Wednesday 01 de May de 2024

Entregados os diplomas ás persoas participantes no curso de operacións básicas en cafetaría e bar


As persoas participantes no curso de operacións básicas en cafetaría e bar recibiron neste 27 de maio os diplomas que acreditan a súa formación da man da concelleira do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG).

A materia dividiuse en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos. Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal 5 das persoas asistentes comezarán a traballar unha vez finalizado este período.

A dita acción naceu da man da Administración local logo das conversas mantidas co sector da restauración. A edil incide na importancia deste tipo de iniciativas como mecanismos de cualificación laboral para mellora-la formación e a empregabilidade.